Despois do verán regresa o Barrios Deportivo. A portada deste número céntrase no COB, pendente da súa ratificación na ACB, e no ex xerente do Consello Municipal de Deportes, Hugo Blanco, que inicia nova etapa na Liga de Fútbol Profesional.
O Club Ourense Baloncesto por que o culebrón deste verán parece que chegará ao seu fin o 31 de agosto. Data na que a ACB reúnese para ratificar ao COB na próxima Liga Endesa. O ex xerente do CMD por que se marcha á Liga de Fútbol Profesional para ser coordinador de proxectos deportivos.
{source}
<div data-configid=»2135477/15066119″ style=»width:550px; height:464px;»
class=»issuuembed»></div><script type=»text/javascript» src=»//e.issuu.com/embed.js»
async=»true»></script>
{/source}
En fútbol sala, o Ourense Envialia foi o máis madrugador nos adestramentos e xa disputou dous amigables. Contra Burela, ao que gañou, e fronte Futsi, co que caeu derrotado. O Cidade aínda non disputou ningún amigable, pero xa está en plena pretempada. Outro que está inmerso na pretempada é o Sala Ourense, quen este ano disputará a Segunda División B masculina.
Na décima subida ao Furriolo, Javier Vila foi o vencedor absoluto ao conseguir o mellor tempo en todas as pasadas; incluso obtivo o mellor tempo histórico da proba. En BTT, o macedán Pablo Rodríguez foi o subcampión da Copa do Mundo de bicicleta de montaña despois dunha mala última proba disputada en Val di Sole (Italia).
Fútbol, atletismo, xadrez, piragüismo, e moito máis, no número 124 do Barrios Deportivo. Consúltao online aquí.
OU descarga o periódico en pdf.