Barco, Barbadás e Verín logran os tres puntos na segunda xornada da Terceira División. Na Preferente Sur tan só o Monterrei logra a vitoria.

O inicio de liga para os ourensáns de Terceira División non pode ser mellor. Barco e Barbadás están nos postos nobles (primeiro e terceiro, respectivamente) e o Verín logra a súa primeira vitoria no campo do Ribadumia que o sitúa na décimo segunda posición.

O Barco logrou a segunda vitoria consecutiva que o mantén ao fronte da clasificación. O Barco que xogaba contra as Pontes sumou os tres puntos nun partido moi vistoso. Adiantabanse no marcador no primeiro minutos, pero os visitantes foron quen de darlle a volta ao marcador. Antes do descanso volvían as táboas (2-2). Na segunda metade lograrían o definitivo 3 a 2.

O Barbadás (xunto co Barco e o Rápido de Bouzas) é o único equipo que conta os seus partidos por vitorias. Esta fin de semana foi pola mínima contra o Ordes. O gol de Cuadrado na primeira metade foi suficiente para sumar unha nova vitoria.

O Verín lograba unha valiosa vitoria no campo Ribadumia. 2-3 foi o resultado dun partido no que os visitantes lograron o triunfo no tempo engadido. Un partido no que, primeiro, adiantáronse no marcado, para ver como lle daba a volta o equipo rival, e finalmente, lograr os tres puntos cun penalti ao final do partido.

Rexional Preferente
Na Rexional Preferente grupo Sur ningún dos tres equipos ourensán perdeu na segunda xornada. O Monterrei gañou e Ourense Club de Fútbol e Arenteiro empataron.

O Monterrei logrou a vitoria por 2-0 ante o Cultural Areas. Son os tres primeiros puntos dos ourensáns na Preferente que os levan a ocupar a sexta praza.
O Arenteiro empatou a un gol en Espiñedo ante o Estradense. Con este son dous os empates (dous puntos) o que fan que os de Carballiño sexan décimo cuartos.
O Ourense CF sumou o primeiro punto da tempada fronte o Céltiga. 2-2 foi o resultado para que os de Rubén Domínguez ocupen o posto décimo oitavo.