Falan de “incompetencia e mala xestión” dende a Consellería de Medio Rural.

 

Os sindicatos CIG e CCOO veñen de manifestar o seu descontento coa xestión que a Xunta de Galicia está a realizar dos diversos lumes forestais acontecidos na comunidade neste verán, sinalando dramáticamente o que está a sufrir Cualedro dende o pasado domingo a mediodía.

Ambos colectivos son crítcos co tipo de servizo que se presta ao respecto dende a Consellería de Medio Rural. “É especialmente grave o caso do mantemento e actual estado das autobombas, onde a Xunta conta con medios máis que obsoletos. Xa van varios casos onde a vida dos conductores de autobomba correu serio perigo”, reclaman dende a CIG.
Así mesmo, esixen que os traballadores sexan dotados de mascarillas con filtros aptos para o monóxido de carbaono ,dióxido de carbono e amoníaco.

Dende CCOO tamén destacan o peche de puntos de vixilancia, o que implica que “o tempo de detección e, polo tanto, de reacción ante o lume sexa moito maior”, lamentan.

Ademais, consideran que a Xunta minte no número de hectáreas queimadas, “coa fin de agochar a verdadeira realidade que nos está asolando na provincia de Ourense”, aseguran.

Como consecuencia, piden ao presidente do Goberno e ao da Xunta que asuman responsabiliades, e cesen á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto.