A mostra da pintora lucense Mary Varela será inaugurada o xoves 3 de setembro ás 20.30 horas.
A Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Barbádás incia o novo curso de exposicións, coa pintora Mary Varela natural de Sober (Lugo), que conta cunha ampla experiencia no mundo do arte.
“A emoción das cores” é unha exposición na que Varela simpatiza coa tendencia ata a simplificación da forma, as cores expresan unha necesidade interior, unha emoción, ama as cores. Crea unha visión da realidade que ela necesita ollar e que lle gusta cando convence ós demais.
A mostra estará aberta ao público dende o 3 de setembro (ás 20:30 horas será a inauguración) ata finais dese mesmo mes.