A partir do 4 de setembro pechará os luns.

Rematado o mes de agosto, e para axeitar o baño ás horas de sol, a Concellería de Termalismo do Concello de Ourense actualiza o horario de apertura da piscina termal das Burgas.

O novo horario, que entrará en vigor a partir do venres 4 de setembro, queda do seguinte xeito: de martes a domingo, permanecerá aberta de 10 a 13 horas, e de 17 a 21 horas. E os luns permanecerá pechada.