“Ata que ocorra unha gran catástrofe os gobernos do PP non farán nada máis que seguir alimentando a economía do lume, que move xa más de 100 millóns de euros cada ano”, asegura Pérez Bouza, coordinador territorial en Ourense.
Eduardo Carnero, concelleiro de CxG en Cualedro, lembra que “despois do incendio sufrido no 2013, que arrasou 2.000 hectáreas, o Concello non esixiu labores de prevención nin de recuperación do terreo queimado e a Xunta tampouco dispuxo tales medidas”. Deste xeito, para o concelleiro galeguista “non é de extrañar que a situación se repita e, desta vez, aínda con máis gravidade xa que as hectáreas queimadas sobrepasan as 3.000” (referíndose ao incendio que deu comezo o pasado domingo a mediodía na zona).
Para Compromiso está claro que “ata que ocorra unha gran catástrofe, como que arda un pobo enteiro ou haxa que lamentar vítimas mortais, os gobernos do PP, tanto do Estado como da Xunta, non farán nada máis que seguir alimentando a economía do lume, que move xa más de 100 millóns de euros cada ano”, asegura Xosé Manuel Pérez Bouza, coordinador territorial en Ourense.
A formación reclama invertir os orzamentos da loita contra o lume, adicando máis á prevención e menos á extinción; profesionalizar e darlle estabilidade aos traballadores forestais e favorecer medidas que poñan en valor o monte e xeren riqueza para os veciños.
Como consecuencia, a formación galeguista solicítalle ao alcalde de Cualedro a convocatoria dun pleno extraordinario para esixirlle á Xunta e ao Estado un cambio nas políticas de medio rural, ademais de medidas urxentes para paliar os danos.