O home, de 50 anos e veciño da capital, golpeou na cabeza ao seu can cun cicel e arroxouno a un contedor de lixo.

 

Ás catro da madrugada desta noite, a Policía Local de Ourense recibe unha chamada de aviso sobre un posible caso de maltrato animal. Os axentes desplánzanse ata a avenida Buenos Aires (A Rabaza) para comprobar os feitos e atopan nun contedor de basura, ferido de gravidade na cabeza e dentro dun saco pechado, un setter inglés.

Coa descrición do presunto autor, o dono do animal, a policía diríxese ao seu domicilio do mesmo e precede á súa identificación. O home, de 50 anos, recoñece terlle pegado ao can cun cicel e tiralo ao contedor, polo que é detido e instrúense dilixencias xudiciais.

Para o tratamento do animal, que presentaba graves feridas, foi precisa a intervención da Asociación Progape, encargada da canceira municipal. O animal foi atendido no lugar e posteriormente trasladado ás instalacións da canceira para continuar co seu tratamento. Neste momento permanece estable dentro da gravidade.