Celebrarase o vindeiro 13 de setembro e prevé máis de cen participantes.
A segunda edición da “BTT do Peixe” de Bande conta coa colaboración da Deputación de Ourense , “para afianzar e impulsar a parte rural, a economía rural e os concellos de Ourense en xeral”, afirmou o vicepresidente do ente provincial, Rosendo Fernández.
A teniente de alcalde de Bande, Sandra Quintas, destacou que este tipo de evento é “beneficioso para o noso concello porque incrementa o consumo na hostalería do municipio e, á vez promociona a nosa riqueza paisaxística e o patrimonio cultural e artístico de Bande”. De feito, a ruta da BTT do peixe discorre por puntos estratéxicos do municipio como o campamento Aquis Querquennis e parte da ruta é compartida co camiño de San Rosendo.
Ruta
A ruta ten tres variantes dende 33 a 44 quilómetros “para intentar que sexa accesible a ciclistas de tódolos niveis, tanto técnicos como físicos, para a maior participación e disfrute posible”, asegurou David Sánchez. A saída terá lugar o domingo ás 9.15 horas na praza do concello. Segundo os organizadores, prevese nesta edición a participación de máis de cen ciclistas, e os interesados en participar poderán incribirse ata o mércores na páxina www.bandebtt.es.
O prezo da inscrición é de 10 euros e inclúe chip de cronometraxe, avituallamento, obsequios ás 180 primeiras inscricións, entre outros servizos.