Este xoves a través de videoconferencia.

 

O xoves 10 de setembro, de 17:00 a 20:30 horas, a aula CeMIT de Verín acollerá, mediante videoconferencia, o seminario impartido por Luís Alberto Fernández Marqués (xerente de Agasol – Asociación de Empresas Galegas de Software Libre-) no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela “Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación”.

Este seminario, enfocado a responsables, persoal e voluntarios de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica, pretende contribuír a incrementar o coñecemento do software libre, da súa ética e de casos de éxito de uso deste, de formo que permita disipar os medos e vencer as resistencias que poidan estar freando a súa implantación e uso no terceiro sector.

Este seminario está organizado por Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica), a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenrolo Rexional (UE).