O Goberno municipal creará un rexistro municipal de familias ou persoas interesadas en colaborar no acollemento de refuxiados.

 

A concellaría de Servizos Sociais de Barbadás porá n marcha un rexistro municipal de familias ou personas interesadas na colaboración das tarefas de acollemento de persoas refuxiadas.

O responsábel da área, Sarín Núñez, tamén anunciou que dende o Concello de Barbadás “estamos estudando a posibilidade de ofertar instalacións municipais –locais en desuso, antigas escolas unitarias, etc- para atender de xeito inmediato os refuxiados”.
Para o goberno de Barbadás, neste acollemento deberían colaborar tanto as institucións, como as veciñas e veciños do Concello e para facilitar esa cooperación, porase a disposición da xente un correo electrónico e un teléfono de contacto para que cada quen colabore co que poida.

O edil nacionalista apunta que é o Goberno central quen ten que axilizar os trámites administrativos para recoñecer o estatus de refuxiado para que as persoas que fuxen da guerra teñan, alomenos, as cuestión legais resoltas.

Na proposta que se levará ao pleno do luns, tamén se lle esixe á Xunta que active un Plan de Acollida para poñer en funcionamento centros onde as refuxiadas-os poidan viver temporalmente dun xeito digno mais tamén que conte cunhan dotación económica e que se faciliten os trámites administrativos para todas as familias interesadas no acollemento.