O primeiro premio está dotado con mil euros.

O vindeiro martes 15 de setembro rematará o prazo de presentación de fotografías para participar no Sétimo Concurso Fotografía sobre Lactancia Materna 2015, que organiza o Concello de Ourense a través da Escola Municipal de Saúde coa finalidade de normalizar a cultura da lactancia materna a través da visibilización da muller en actitude de aleitar.

A Concellería de Sanidade anima a todos os afeccionados á fotografía a que presenten os seus traballos, na propia Concellería, na rúa da Concordia, 20, e participen neste certame, que está dotado cun primeiro premio dotado con 1.000 euros, segundo premio dotado con 500 euros e dez accésits dotados con 70 euros cada un.

 As bases pódense consultar na web do Concello de Ourense: www.ourense.es.