Inícianse tamén as clases da Escola de Música Tradicional «Virxilio Fernández».
A Coral da Ruada reinicia os ensaios no seu local do ático do Teatro Principal, despois das vacacións de verán. Como en cursos anteriores, a coral ábrese a todos os interesados en formar parte dela (homes, mulleres, voces e instrumentistas) e convídaos a achegarse ao seu local os martes e xoves a partir das 20 horas para realizar a proba correspondente.
Amais, comezan as actividades da Escola de Música Tradicional «Virxilio Fernández», nas modalidades de gaita galega e percusión. As clases serán impartidas polo prestixioso gaiteiro Gonzalo Abelairas, titulado profesional de música na especialidade de gaita galega, membro da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional (AOFT), e de varios grupos de música tradicional.
Os interesados en participar poden enviar un correo electrónico á dirección seguinte: info@coralderuada.com.