O Concello de Barbadás organizará en outubro a “1ª Mostra de Cinema galego: Na Lembranza”.
A Concelería de Cultura de Barbadás programa para o mes de outubro a “1ª Mostra de Cinema galego: Na Lembranza”.
Todos os venres ás 21:00h, dende o 2 ao 30 de outubro, proxectarase no Auditorio da Casa da Cultura, na Valenzá, un filme diferente. O día 2, “Sempre Xonxa”, o 9, “O Bosque Animado”, o 16 “Entre bateas”, o 23 “Ilegal” e o 30 “Trece badaladas”.
A entrada será de balde, previa recollida das invitacións na Casa da Cultura (ata completar aforo).