Este venres 25, ás 20 horas, a Casa do Concello de Allariz acollerá o pleno ordinario correspondente ao mes de setembro.

 

 

O pleno da corporación municipal reunirase o venres día 25 para celebrar a sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro.

A partir das 20 horas o salón de sesións da Casa do Concello acollerá o debate dos temas comprendidos na orde do día que comezará coas aprobacións definitivas da Conta Xeral 2014, da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de celebración de vodas civís, do réxime interno do obradorio de emprego “Reserva da Biosfera I” e do Protocolo contra a violencia de xénero.

O pleno continuará coa toma de razón da opción de compra efectuada pola empresa adxudicataria Misturas Obras e Proxectos, S.A. do contrato de aluguer de parcelas con opción a compra no Parque Empresarial de Chorente e concluirá con dúas mocións: unha delas presentada polo BNG por unha acollida digna ás persoas refuxiadas e polo fin das guerras imperialistas de USA e UE, e outra polo PP sobre a rebaixa do IBI nas parcelas en solo urbanizable.

Por último haberá quenda de rogos e preguntas.