O Concello de Barbadás retira o persoal municipal que atendía este servizo.
O Concello de Barbadás acordou retirar os dous traballadores, que en horario de tarde das 16:00 ás 21.00 horas, de luns a domingo, atendían o bar do local no que desenvolve as suas actividades a Asociación de Pensionistas e Xubilados “Fonval”, na rúa do Ensino da Valenzá.
O concelleiro responsábel desta área, o nacionalista Sarín Núñez, explica que a decisión de suprimir este persoal se debe á necesidade de atender traballos máis urxentes e prioritarios noutros departamentos. Apunta que “procuramos atender todas as peticións que nos trasladan desde as asociacións porén, consideramos que, neste caso, a atención do bar nas instalacións que ocupa Fonval debíana facer os propios socios polo que a partir de agora serán eles quenes xestionen o bar. Tamén se encargarán da limpeza do local así como do mantemento e reposición do mobiliario e das máquinas do servizo do bar debendo facerse cargo dos desperfectos das mesmas”.