Terá lugar o 2 de outubro, a partir das 17 horas, e consistirá na realización dunha manualidade conxunta, entre nenos e avós, e un contacontos posterior.
O día 2 de outubro, dende de 17:00 a 18:30 horas, a Área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios e a Biblioteca Municipal de Verín, acollerá a actividade interxeracional que leva por título «Ti tamén chegarás a vello”, para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, que se festexa o 1 de outubro.
Esta iniciativa, que ten como obxectivo de render unha homenaxe ós nosos maiores, consistirá na realización dunha manualidade conxunta (nenos e avós) e un contacontos posterior. Ademais, as persoas maiores terán lectura e charla-coloquio sobre diversos temas. A tarde, o evento rematará co reparto das manualidades realizadas que simbolizarán a solidariedade e compromiso de coidado que testemuñan os cativos cara os seus ancestros.
A actividade está dirixida a 20 socios da Biblioteca, de 3 a 9 anos, e os seus correspondentes avós. Os interesados en inscribirse poderán facelo desde este luns 28 na propia Biblioteca, no 988 41 36 24 ou por correo electrónico ao enderezo biblioteca@verin.net.