Segundo Pepe Araújo, a responsabilidade do estado actual dos contedores é do anterior goberno por non realizar o mantemento durante anos.
Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, o voceiro do grupo de goberno, Pepe Araújo, e a concelleira Flora Moure, contestaron a varias cuestións de actualidade.
O edil de Infraestruturas e Medio Ambiente non eludiu contestar a outro dos temas que están dando máis que falar estes días: o futuro dos contedores soterrados. Araújo cuestionou que fora precisamente o voceiro socialista quen puxera de actualidade esta problemática cando foi “unha das cuestións máis nefastas do Goberno socialista porque previamente non lle fixeran o mantemento durante anos”.
O Concello estuda agora a mellor solución para este problema, do que non sen sinten “para nada culpables”. Para o voceiro, “o máis lóxico” e sempre que os servizos técnicos o permitisen, sería que a empresa concesionaria da limpeza asumira o arranxo dos contedores soterrados. Esta é unha posible vía. Por outro banda, o Goberno vai actualizar a auditoría realizada polos socialistas para ver o estado actual dos contedores. E, de maneira paralela, están a ver “outros mecanismos que están funcionando noutras cidades e que teñen menor complexidade técnica”.
Transporte metropolitano
Preguntado polo anuncio da Xunta de que presentaría aos concellos afectados antes de rematar o ano os estudos económicos e de tráfico do Plan de Transporte Metropolitano, Araújo expresou a “máxima colaboración” do seu goberno coa Administración autonómica e puntualizou que “non vai ser o Concello de Ourense o que poña inconvintes”. Con todo, o voceiro popular apuntou a que o éxito do plan depende tamén do resto de municipios implicados, “se están dispostos a asumir eses gastos”, en referenza a que o posible aumento das frecuencias de paso dos autobús interurbanos implicará tamén unha maior achega económica ás concesionarias que realizan esas liñas.