Será o sábado 3 de outubro e abordará a historia e as características dos cogumelos.
O Centro de Educación Ambiental de O Rexo e a Fundación Ramón González Ferreiro organizan unha nova edición do Curso de Iniciación á Micoloxía, que terá lugar no Rexo o sábado día 3 de outubro.
O obxectivo da xornada é adquirir coñecementos básicos de micoloxía para diferenciar as especies máis comúns de cogumelos comestibles e velenosos. A programación inclúe: breve introducción á historia da micoloxía en Galicia; características dos cogumelos: concepto, estratexias de vida, clasificación; morfoloxía e estructura dos cogumelos; e claves para a identificación dos cogumelos máis comuns.
O prezo do curso é de 20 euros, e os interesados en inscribirse poden facelo no 988 436 182 ou en info@fundacionrgf.org.
Outras iniciativas
Así mesmo, dende O Rexo están preparando novas propostas de cara a 2016 para colexios, ampas e asociacións. Ademais, a comezos de novembro acollerán un intercambio cultural do programa Erasmus Plus.