Será este sábado 26 de setembro co tradicional mercado da Reserva da Biosfera.
A Praza de Abastos de Allariz, que todos os sábados acolle o mercado da Reserva da Biosfera Área de Allariz, reabre sábado 26 de setembro cunha nova estética.
A reforma, que consistiu na división de espazos, reparacións e pintura xerais así como a renovación de expositores, permite ofrecer un aspecto máis moderno e funcional ao tempo que se gaña espazo para dar entrada a novos produtores que están en lista de agarda. A obra tamén permitiu habilitar unha cociña, á entrada do edificio, para a elaboración en directo de pratos elaborados con produtos autóctonos .
Este sábado, na reapertura, ofrecerase a todos os asistentes a degustación de produtos da Reserva da Biosfera que se atopan á venda no Mercado e, ademais, os produtores realizarán varios sorteos.