Cunha metereoloxía moi favorable para as datas nas que estamos celebrouse a segunda edición da Winnerman Ourense. Este ano a sede foi no encoro de Castrelo de Miño, lugar inigualable para a práctica deste deporte. Natación, carreira a pé e de novo natación foi o que tiveron que realizar os participantes.

Este ano suprimiuse a carreira popular para realizar unha por parellas. Un facía os dous tramos de natación e outro o de carreira.

Júnior
Na categoría júnior a máis rápida de todos os participantes foi Eyén Díaz López. A deportista empregou un tempo de 10 minutos e 45 segundos en completar os 250 metros a nado, os 500 de carreira e novamente 250 no encoro de Castrelo. Tras ela, Lola Carracedo Alonso foi segunda (11:00) e Uxía Gómez Fernández, terceira (12:25).
En canto aos júnior, Santiago Gutiérrez Mariño foi o mellor cun tempo de 11 minutos exactos. Raúl Civeira Corral (11:32) e seu irmán Samuel Civeira Corral remataron segundo e terceiro, respectivamente.

{gallery}stories/deportes/20150923_winnerman{/gallery}

En canto aos relevos a parella formada por Anne De la Fuente e Sara Naveiro (Sexy chicas) foron as mellores. Chegaron a meta parando o crono en nove minutos e 19 segundos.
A segunda parella en entrar en meta foi Las Winnergirls, integrada por Eva Feijoo e Aldara Estévez; o seu tempo: 11 minutos e 45 segundos.
En terceira posición entrarían Los Rodríguez Team, equipo formado por Diego Rodríguez e Sofía Anhui; o seu tempo, 11:51 minutos.

Categoría absoluta
Na categoría absoluta os participantes tiñan que facer unha primeira sección dun quilómetro a nado, para saír a terra firme e percorrer unha distancia de 5 km e regresar por última vez á auga e percorrer novamente un quilómetro.
Marc Ciurana foi o máis rápido de todos. O tempo do nadador do Club Natación Pabellón Ourense foi de 45 minutos e 21 segundos. Segundo en meta, a máis de dous minutos, o nadador do Liceo da Coruña, Jacobo Blanco Ruíz, cun tempo de 47:36 minutos. O terceiro en rematar a proba foi o júnior Miguel Pimentel (CNPO) tras 49 minutos e 45 segundos de carreira.
En canto ás mulleres, a mellor foi Anne De la Fuente (Club Natación Liceo), quen enpregou un tempo de 51 minutos e 26 segundos. Tras ela, Ana María Santiso Prado (CNPO) con máis dun minuto desfavorable (52:51). A terceira en cruzar a liña de meta foi a nadadora cadete do Club Natación Monforte, Isabel Rodríguez tras rematar a proba en 53 minutos e 48 segundos.
En canto a parellas, a mellor foi a chamada Dezanos formada por Cristóbal Dafonte e Alberto Taboada; 47 minutos e 17 segundos foi o seu tempo. No sin mi compi (Adrián e Paula Blanco) foi a segunda parella en rematar; o seu tempo 50:51 minutos. E na terceira posición rematarían Os feitiños -formada por Claudia Álvarez e Óscar González- que completaron o circuíto en 51 minutos e 24 segundos.

Castrelo
Tanto a organización coma os propios participantes quedaron encantados co lugar de celebración da proba. Isto fai supoñer que o ano que vén a terceira edición da Winnerman Ourense terá, novamente, a Castrelo de Miño como escenario.