Será o venres 2 de outubro, ás 19 horas, na aula 22 dos Servizos Sociais Comunitarios.
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín, no marco do Plan de Envellecemento Activo que se está a desenvolver, está a promover a realización de obradoiros monográficos para coidadores formais de persoas maiores dependentes, ca finalidade de formalos nas súas labores profesionais. Así, o vindeiro 2 de outubro impartirase, ás 19 horas na aula 22, un monográfico que leva por título «Técnicas de mobilización en persoas maiores dependentes”.
No mes de xuño realizáronse dous monográficos que versaron sobre o manexo do estrés e técnicas de comunicación asertiva. Este terceiro monográfico, impartido por profesionais da fisioterapia, ten como obxectivo prioritario aprender cambios posturais e técnicas de mobilización ca persoa maior en situación de dependencia e realizar as transferencias e mobilizacións aplicando boas prácticas.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición na Área de Maiores dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Verín (Casa da Xuventude) ou no teléfono 988 41 47 76. O aforo non excederá das 25 persoas.