O xoves 1 de outubro, ás 16 horas, comeza, dentro da Escola de Familia Municipal, o Club da Calceta ‘Tecendo Soños’.
Esta iniciativa está destinada a converterse nun lugar de encontro entre as persoas interesadas en compartir a arte de tecer e outras artes (ganchillo, decoración de tellas, alfombras, lectura, etc.). Nesta ocasión daralles a benvida a todas las participantes José Luis Martín, Concelleiro da Área de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.
Esta iniciativa, inspirada no libro «O Club dos venres» de Kate Jacobs, terá lugar, todos os xoves en dous grupos (de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas) no edificio da Escola de Familia. Está aberta a todas as persoas interesadas na aprendizaxe da calceta, sen límite de idade ou sexo, que busquen compartir o seu tempo de lecer nesta actividade. Para a mesma, de carácter gratuíto, será necesario que cada participante proporcione os materiais que precise para desenvolvela.
Na última Feira do Lázaro os traballos dos participantes foron vendidos e a recadación solidaria foi destinada a axudar a familias con menores con dificultades dende Educación Familiar do Concello de Verín.
A Escola de Familia Municipal nace como lugar de encontro, de formación e de intercambio de ideas, experiencias e actividades para todos os verineses.