Os populares indican que o alcalde só paralizou a construción do inmoble –do que foi redactor do proxecto como arquitecto – tras a súa denuncia pública de que as obras eran ilegais.

 

O voceiro do PP de Verín , Juan Manuel Jiménez Morán, insistiu este mércores que as obras executadas no edificio situado no cruce entre a avenida Luis Espada e a avenida de Portugal “son ilegales” e que só foron paralizadas polo Goberno local de Verín unha vez feita denuncia pública polos populares o 14 de setembro.

O popular sinala a ilegalidade desta construción por canto non se axusta á licenza concedida no seu día, ao producírense modificacións nas plantas soto e baixa, na volumetría exterior e na composición de fachadas e a que “eleva una planta más de las autorizadas”.

Jiménez Morán recorda que o 16 de xuño entrou por rexistro no Concello de Verín a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio do 8 de xuño na que acordaba paralizar inmediatamente as obras, “paralización que no se hizo efectiva y todo porque él es el alcalde y el arquitecto de la obra”. Nesa resolución de Patrimonio requírese ademais subsanar deficiencias consignadas en informe previo do arquitecto municipal do 17 de abril, e realizar modificacións do proxecto finalmente presentado relativas á volumetría exterior do edificio e á composición das fachadas”.

Malia que o promotor da obra presentou o 25 de agosto un escrito no Concello solicitando que non se aplicaran as condicións impostas pola Consellería de Cultura (Patrimonio), a resposta do arquitecto municipal do 27 de agosto non lle é favorable. O seu informe recolle literalmente “non parece haber dúbida da pretensión por parte do promotor da actuación -e do
arquitecto redactor dos proxectos (isto é Gerardo Seoane, actual alcalde de Verín)- de rnanexar ou aplicar á súa conveniencia os efectos e consecuencias da licenza de obra concedida o 17/06/2014, toda vez que fai uso dela para iniciar as obras de construción do edificio, levándoo ata un moi avanzado nivel de execución segundo algunhas das condicións desa Iicenza, pero pretende agora eludir outras intrinsecas e expresas condicións recollidas nela relativas ao preceptivo control e cautela por parte da Consellería de Cultura»‘.

Juan Manuel Jiménez Morán insiste en que a paralización dos traballos non é efectiva a día de hoxe e anuncia que vai poñer en mans da asesoría xurídica do seu partido o asunto para valorar as posibles implicacións legais de todo o acontecido. “Gerardo Seoane no puede alegar desconocimiento”, recalca o ex rexedor.