No número 126 do Barrios Deportivo a nosa portada ten como protagonistas ao Club Ourense Baloncesto, o Día da Bici e a segunda edición da Winnerman celebrada en Castrelo de Miño.

O COB inicia unha nova tempada na LEB Ouro no Paco Paz ante Melilla, un dos equipos favoritos a gañar a Liga. O XXXI Día da Bici congregou polas rúas ourensás a milleiros de persoas que gozaron da bicicleta. Anne De la Fuente e Marc Ciurana foron os vencedores da segunda edición da Winnerman.


En atletismo comeza a vislumbrarse no horizonte a San Martiño que este ano chega a súa 39ª edición. A carreira terá lugar o 15 de novembro. E o Correndo por Ourense tivo a súa penúltima parada nas Lagoas con Iria Fernández e Javier Paredes como protagonistas.

En ximnasia, 10 ourensáns estarán no Mundial de ximnasia de trampolín por idades que se disputa a finais de novembro e principios de decembro en Dinamarca. Na Copa do Mundo de Valladolid realizaron un moi bo papel.

En fútbol a UD Ourense chegou á Segunda Autonómica co pé cambiado. En catro partidos tan só suman tres puntos. En Terceira División os tres equipos ourensáns (Barbadás, Barco e Verín) marchan de metade da táboa para arriba cun bo comezo de Liga, sobre todo para o Barbadás que é segundo.

Fútbol sala, Ciclismo, judo, balonmán e moito máis, no número 126 do Barrios Deportivo.

Podes consultalo periódico online, aquí