Un grupo da Marcha Mundial das Mulleres está a percorrer Europa para coñecer a agricultura local e alternativas de produción. O día 8 exporán a súa experiencia en Vilar de Barrio e Allariz, e o 9 faron en Ourense.
Na Marcha Mundial das Mulleres xa teñen todo preparado para recibir ao grupo de compañeiras que está a percorrer Europa intercambiando experiencias e coñecementos cas mulleres de diferentes lugares sobre biodiversidade, agricultura local e alternativas na produción, distribución consumo e preparación de alimentos.
Os obxetivos desta Caravana Feminista, dentro da IV Acción Internacional, son contribuir á construcción dunha economía feminista baseada na solidaridade, que recoñeza o traballo doméstico e de coidados como algo esencial para a sustentabilidade da vida humana; visibilizar as opresións vividas polas mulleres, como a pobreza, a xenofobia e o racismo; e compartir as alternativas de vida e de resistencia ao capitalismo e á realidade patriarcal creadas por mulleres que a través das súas voces e as súas prácticas diarias traballan por un mundo mellor.
Chegada a Ourense
Os próximo 8 e 9 de outubro a Caravana estará na nosa provincia. O día 8 ás 11 chegará ás Corcerizas (en Villar de Barrio) e ás 18 horas ao Fogar do Marior de Allariz.
Xa o día 9 ás 11 da mañá chegará á Praza Maior de Ourense, onde haberá un acto festivo, lúdico e reivindicativo cunha alfombra de sementes e actuación musical. Haberá numerosas actividades ao longo do día (con encontros e xantar colectivo), que se pecharán cun concerto de despedida ás 20 horas no Café Cultural El Pueblo, no que actuarán As da Chispa, The Tetas’Van e Transxenéricas.