O Pabellón Balonmán perdeu contra o Viña Costeira e espera que Viveiro lle bote unha man para acceder á fase final copeira.

O Pabellón chegaba á última xornada da fase de grupos nunha situación inmellorable. Recibía nos Remedios ao Viña Costeira e con perder por unha diferenza de dous goles valíalle para quedar primeiro de grupo.

O partido estivo moi igualado, con pequenas vantaxes dos do Ribeiro, ata os último cinco minutos. Foi nese momento cando os homes de Diego Lorenzo sucumbiron ante o empuxe visitante.

Os pavillonistas buscaron gañar arriscando, e iso costoulles caro. Pasaron do 19-20 no minuto 55 ao resultado final de 21- 25. As desacertadas decisións condenaron a un Pabellón que queda a expensas do que faga o Viveiro no grupo II.

Pabellón Balonmán, Viña Costeira e Culleredo, do grupo I, quedaron empatadados a catro puntos. A diferenza de goles entre os tres deu a primeira posición ao Culleredo, seguido do Pabellón. O Culleredo accede á fase final e o Pabellón deberá esperar.

Os ourensáns poderían accceder como mellor segundo -hai tres grupos e acceden os primeiros e o mellor segundo-. Para iso deben esperar ao que aconteza no último partido por disputar na fase de grupos. Concretamente no grupo II, no que o Viveiro e Atl. Novás deben enfrontarse.

Polo momento, o mellor segundo é o Pabellón Balonmán con 4 puntos e +6 (diferenza de goles). O Viveiro ten sous puntos e -7 de diferenza goleadora e o Atl. Novás ten 3 puntos e +3.
Se empata ou gaña, por menos de 13 goles, o Viveiro, sería o Pabellón o que lograría o pase á fase final.