Presentación de libro sobre a UD OurenseA obra recolle a historia da UD Ourense, club xurdido trala desaparición de CD Ourense.

Este martes foi presentado no centro comercial Ponte Vella o libro “Ourense somos nós. O ano da Unión”, por parte dos seus autores, os xornalistas Ramsés Torres – compañeiro deste medio e director de Barrios Deportivo- e Xabi Colmeiro – Faro de Vigo-. Na presentación tamén participaron o prologuista, o doutor Cabaleiro, o xerente do centro comercial, Marcos Vila, e o editor, Higinio Osorio, propietario de Librería Aldova.

Numeroso público acudiu a este acto para coñecer esta obra, que repasa a curta historia da Unión Deportiva Ourense, desde a creación da Plataforma SOS CD Ourense –que tentou salvar o desaparecido CD Ourense- ata o final dunha tempada máxica, que rematou cun equipo que logrou un pleno de victorias en liga, e sobre todo, cunha resposta social impropia dunha categoría como a oitava nacional (a Terceira Autonómica), ao acadar no seu primeiro ano de vida máis de mil socios.

A obra pode mercarse en Librería Aldova ao prezo de 15 euros.