O grupo de goberno revisará as ordenanzas para que o «empadroamento/eurocidadán» non sexa un criterio discriminatorio para o resto de concellos da contorna.
O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, e o concelleiro responsable sa área de Servizos Públicos, Julio Vieitez, compareceron ante os medios na casa consistorial para anunciar un operativo especial de limpeza e a revisión das ordenanzas fiscais reguladoras do criterio de beneficio para os empadroados ou persoal que teñan o carné de eurocidadán.
Diego Lourenzo anunciou que a próxima semana activarase un operativo especial de limpeza formado por persoal e estrutura do propio Concello. Esta iniciativa tiñan pensado poñela en marcha en xuño pero foran advertidos «de que este ano era excesivamente seco e se recollíamos auga do río corríamos o risco de que Verín quedase sen abastecemento. Polo tanto, decidimos agardar ata agora para facelo”, aclarou Lourenzo. O dispositivo comezará a traballar no Casco Vello e a partir de aí, irase estendendo ao resto da vila.
O tenente de alcalde quixo recalcar o carácter puntual da actuación “pois a empresa neste momento non conta con suficiente persoal para facer un operativo que nos permita adecentar a vila. Do mesmo xeito, ao facelo con persoal do Concello conseguiremos facer unha revisión das rúas e ver cales son as necesidades específicas.”
Por outra parte, Lourenzo explicou que, na actualidade, existe un criterio fixado nas ordenanzas fiscais reguladoras un criterio de beneficio para os empadroados ou persoal que teñan o carné de eurocidadán que fai que as persoas dos Concellos da contorna teñan moitos máis problemas para acceder a estes servizos. “Encargamos unha revisión para que estes elementos non estean presentes nas ordenanzas, de feito, entendemos que con isto teremos moitas máis posibilidades que aumentes os abonamentos, por exemplo na piscina. Pretendemos fuxir de localismos e traballar máis con elementos da comarca no seu conxunto”. «Do mesmo xeito, a nosa vontade de apertura da Eurocidade aos concellos da mancomunidade, igual que fixo Portugal coas Xuntas de Freguesía. Teremos máis forza ao ter máis membros”, rematou Diego Lourenzo.