Comité de Celebra

O Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais terá lugar en Expourense a fin de semana do 7 e 8 de novembro.

Expourense está a preparar a vindeira edición de Celebra, o Salón de Vodas, Comuñóns, Bautizos e Actos Sociais, que cumpre 16 anos axudando a familias e empresas a organizar os seus eventos. Esta cita terá lugar no recinto feiral ourensán a fin de semana do 7 e 8 de novembro contando cunha alta participación, fidelidade e implicación de empresas ourensás vencelladas a distintos sectores, o que supón ademais unha plataforma de dinamización do comercio local.

O obxectivo deste salón é acoller unha ampla oferta de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de todo tipo de actos sociais tales como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e lanzamentos de novos produtos, etc. Celebra supón unha oportunidade comercial para empresas de sectores como a restauración, moda, organización integral de eventos, servizos audiovisuais, agasallos, axencias de viaxes, aluguer de vehículos, imprenta, florería, fogar, etc.

As empresas que participen en celebra terán a oportunidade de promocionar os seus produtos e servizos nun escaparate especializado visitado por público interesado e procedentes de puntos distintos da área de influencia da empresa, xa que ata Celebra se achegan visitantes de toda Galicia, comunidades limítrofes e Portugal.

Celebra volverá organizar un completo programa de actividades como poden ser a pasarela de moda nupcial e de festa, convertida na protagonista desta cita, ou as exhibicións de maquillaxe e perruquería de ceremonia e que supoñen unha boa oportunidade para reactivar o comercio minorista nunha cita á que acode público que está a organizar eventos que requiren dunha complexa planificación e un alto investimento económico. Empresas como Xoeiría Loyma, París Diffusion e Logic Men, Axencia Luena, Noar Novias, Floristería Drácena, Passion Novias e Rosa Clará xa confirmaron a súa participación nesta actividade.

Para achegar Celebra ao público e promover as actividades e aos expositores, creouse unha Fan Page en Facebook www.facebook.com/CelebraExpourense.