A Federación de Asociacións Veciñais acorda media ducia de reinvidicacións na súa última asemblea.

Limiar acordou trasladar aos medios de comunicación e aos diferentes partidos políticos de Ourense as súas demandas, logo da asamblea celebrada o pasado 8 de outubro.

Entre elas destaca a solicitude de “inmediata” implantación do transporte metropolitanos, recordando que os veciños de Ourense levan 15 anos reclamando a súa posta en funcionamento.

Tamén reclaman consenso aos grupos políticos para a aprobación do novo plan de urbanismo, que se aproben os orzamentos “en tempo e forma” e que se remate o Plan de Investimentos 2014-15, pois se executou un 30% do total de actuacións previstas.

A Federación de Asociacións de Veciños solicita que as reivindicacións feitas desde as asociacións teñan prioridade sobre as feitas por un particular, xa que consideran que son as asociacións “as mellores coñecedoras das diferentes prioridades nos barrios”. Máis respecto para os representantes das asociacións, que se contesten todos os escritos que entren por rexistro no Concello e que se poñan en práctica as promesas electorais “de facer unha cidade e un concello máis participativo cos colectivos veciñais” son outras das súas reclamacións.