No número 127 Barrios Deportivo dúas son as noticias destacadas na portada: o Club Ourense Baloncesto e a carreira popular do San Martiño.

O Club Ourense Baloncesto sumou a primeira vitoria da tempada na Rioxa diante do Cocinas.com, demostrando que este ano vai en serio. A San Martiño, pola súa banda, supera os 1.000 inscritos cando aínda falta un mes para celebrarse.


Outra noticia destacada é a Unión Deportiva Ourense e a súa marcha na Segunda Autonómica; esta fin de semana visita o campo de Penafita para enfrontarse ao líder, Amoeiro. Amais o club vén de firmar sendos convenios coa Asociación de Museiros e o IESN (Internacional Exchange Erasmus Network), respectivamente.

En fútbol sala falamos da boa marcha do Ourense Envialia e da mala do Cidade As Burgas no inicio de liga de Primeira División. Os conxuntos ourensáns de Segunda División B masculina, Sala Ourense e Los Tres Cuñados, marchan na zona alta da clasificación.

O xoven xadrecista ourensán, Martín Gómez, participará no Mundial de xadrez por idades que se disputará en Halkidiki (Grecia).

Balonmán, judo, halterofilia, voleibol, e moito máis, no número 127 do Barrios Deportivo.

Podes consultalo periódico online, aquí