Serán do 9 ao 13 de novembro na aula CeMIT. A inscrición permanece aberta.

O Concello de Verín, no marco da Rede Emprenden en Igualdade, foi seleccionado para levar a cabo do 9 ao 13 de novembro, unhas xornadas de formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Estas xornadas aboradarán clases de iniciación a internte e redes sociais, novas tecnoloxías, intercambio de experiencias e perspectiva de xénero.

Organizadas pola Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, impartiranse, de 10 a 14 horas, na aula CeMIT Casa da Xuventude, e contarán cun máximo de 20 participantes.

Ademais de mulleres dese concello, tamén poden participar mulleres da súa área de influencia. As persoas interesadas en inscribirse ou en ampliar información poden acudir ao Centro de Información ás Mulleres-CIM, ubicado na Casa da Xuventude, ou no 988414776.