A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo este martes unha xuntanza co subdelegado do Goberno, Roberto Castro.
Este encontro enmárcase dentro da xira de visitas que está a realizar Díaz Mouteira aos principais representantes das institucións ourensás como nova responsable do Goberno galego na provincia.
Na xuntanza analizaron diversos aspectos nos que ambas institucións están implicadas e púxose de manifesto o propósito de seguir mantendo unha boa liña de colaboración entre ambas as dúas administracións para traballar de xeito coordinado polo futuro da provincia. Marisol Díaz incidiu nas “vantaxes da colaboración e do diálogo entre as distintas institucións, xa que aunando esforzos pódense levar a cabo un maior número de actuacións que benefician directamente aos cidadáns.”