A hostalaría comercializou máis de 1.800 quilos.
Allariz vén de celebrar as cuartas Xornadas de Carne de Boi, unha cita xa consolidade, como confirma a gran afluencia de público que se achegou á vila durante as tres fins de semana de actividade, destacando principalmente a da ponte do Pilar. A hostalaría recibiu máis de 1.800 quilos de carne de boi de Allariz, o que significa unha cantidade superior aos 20.000 euros multiplicados na comercialización posterior de tapas e menús.
Para o Concello de Allariz, en palabras do seu alcalde, Francisco García, “a resposta obtida anímanos a continuar co esforzo para que de acordo co regulamento de carne de boi de Allariz sexamos capaces, en colaboración co produtor e a hostalería, de manter carne de boi de Allariz de maio a outubro”.
Os gañadores do concurso das Xornadas daranse a coñecer na Feira de Outono.