Segundo os nacionalistas, a ACB esixe balance económico positivo e o COB non conta con el.

“O problema de que o COB non estea xogando a día de hoxe na ACB non ten a ver nin cunha cuestión burocrática, pola presentación da documentación fóra dos prazos establecidos, nin da existencia dunha man negra. Trátase única e exclusivamente dun problema de xestión económica”, así de contundentes se mostran dende o BNG en canto aos problemas do conxunto ourensán para lograr o ascenso á máxima categoría do baloncesto en España.

Segundo os nacionalistas a ACB esixe balance económico positivo do club que se une a ela, e o COB non cumple ese requisito.

Para o BNG, o papel da Deputación en todo este proceso só se pode calificar como de “absoluta irresponsabilidade”, por facerse avalista ante semellante situación económica (segundo aclaran, dende a chegada do actual presidente o COB pasou a ter un patrimonio neto de -700.000 euros).

Ademais, lembran que antes da amplicación do convenio pola disposición do Paco Paz, o COB estaba incurso en causa de disolución. “Durante estes anos correuse o risco de que calquera acreedor puidera solicitar a liquidación do club, co cal este tería que responder co seu patrimonio, é dicir, coas instalacións do Pazo”, explican. Polo que lle piden á Deputación que controle a situación para que iso non acontece nos próximos 50 anos (tempo polo que foi prorrogado o acordo co club para que dispoña do Pazo dos Deportes), “exercendo un control riguroso das contas da entidade e dando conta periódicamente aos grupos políticos do estado das mesmas”, detallan.

Por iso, dende o BNG pedirán as oportundas explicacións na comisión informativa que terá lugar o vindeiro xoves 22 de outubro na Deputación, cuestión que non está incluída na orde do día.