Reunión comité de campaña do PP de Verín

 “A comarca de Monterrei posúe o potencial necesario para un axeitado desenvolvemento, como o termalismo, sen esquecer a súa estratéxica posición transfronteiriza”, dixo Rosendo Fernández, coordinador do comité.

 

A sede do Partido Popular en Verín acolleu unha reunión do comité de campaña da formación, á que estaban convocados os alcaldes, voceiros municipais e presidentes locais populares nos concellos da Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Verín e Vilardevós.

Cumprindo cos obxectivos formulados polo comité de campaña, a reunión serviu para informar aos asistentes sobre o proceso electoral que se abre cara as eleccións xerais do 20 de decembro, dando conta dos principais aspectos a ter en conta e concretando os actos que se organizarán na campaña.

Rosendo Fernández, coordinador do comité, lembrou aos presentes que a recuperación económica á que contribuíu o PP tamén se plasmará en Galicia cos presupostos do 2016, que logo do rigor dos últimos anos crecen por vez primeira dende o inicio da crise en 2008.

Este periodo expansivo, engadiu Rosendo Fernández, “ten que reflectirse tamén en comarcas como Monterrei, que posúe o potencial necesario para un axeitado desenvolvemento, como o termalismo, pero sen esquecer a súa estratéxica posición transfronteiriza e as posibilidades de cooperación que se abren neste ámbito”.

O próximo xoves rematará en Bande o calendario de reunións do comité de campaña nas xuntas electorais de zona da provincia.