Alberto Dantas será xulgado este xoves por presuntas ameazas contra un veciño durante a xornada electoral do 24 de maio.
Os populares de Cortegada esixen a dimisión inmediata do portavoz do grupo municipal socialista, Alberto Dantas Míguez, quen este xoves, día 22, será xulgado polas presuntas ameazas vertidas contra un veciño do municipio durante a xornada electoral do pasado 24 de maio.
O propio alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, manifestou que os feitos ocorridos ás portas do colexio electoral de Valongo son «inaceptables en tanto que coartan a liberdade de todo cidadán á hora de decidir o seu voto». O incidente, engade,»é aínda máis grave en tanto que ten como protagonista a un cargo municipal que tamén ha de representar a todos os veciños do municipio de Cortegada».
Neste sentido, a xunta local de goberno do Concello de Cortegada, anunciou que trasladarán a petición de dimisión inmediata ao próximo pleno.