Gerardo Seoane fixo un chamamento a todos os propietarios de inmobles a que emprendan acción de rehabilitación para “dinamizar, entre todos, o corazón de Verín”.
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinou este martes na Delegación do Goberno en Galicia un convenio co Ministerio de Fomento para subvencionar por valor de 89.400 euros accións de rehabilitación no Casco Histórico da vila do Támega, acción que ascenderán a un total de 251.142 euros. Deste xeito, sinalou Seoane, “apostaremos decididamente pola dinamización do corazón da nosa vila, para que se converta nun sinal do espertar de Verín”.
O alcalde, que se desprazou ata A Coruña para asinar o convenio co delegado do Goberno, fixo un chamamento a todos os propietarios de inmobles na zona vella para que “se poñan máus á obra coa rehabilitación das súas vivendas”, para que “entre todos, saldemos a débeda histórica que temos co núcleo antigo de Verín nesta mesma lexislatura”.
Concretamente, o novo convenio asinado –que virá a sumarse ós Plans Verín Esperta de Renovación de Fachadas e á actuación do entorno da Igrexa de Santa María- contempla un monto total de 255.428 euros, dos cales o Ministerio de Fomento achegará a cantidade de 89.400 euros, quedando o monto restante a cargo dos particulares e do Concello de Verín.
18 vivendas
A área beneficiaria destas axudas será a de “Regeneración e Renovación Urbana do Barrio de San Lázaro e Núcleo Antigo de Verín”, segundo ven definida no Real Decreto 233/2013 que regula o fomento e rexeneración de áreas urbanas, e que programou a rehabilitación de 18 vivendas, que deberán estar incluídas nesta área.