O presidente da Deputación desbota dimitir pola denuncia contra el que o acusa de ofrecer traballo a cambio de sexo.
“Vou exercer as acción legais que correspondan, con toda a contudencia”. Ata en sete en ocasións respostou con estas ou similares palabras o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a preguntas sobre as implicacións da denuncia contra el dunha muller que o acusa de ofrecerller un traballo a cambio de que mantivese relación sexuais con el. Agardará a facelo “no momento en que procedimentalmente corresponda”, pois a día de hoxe di que non coñece o escrito que se presentou na Fiscalía o pasado 13 de outubro (e publicado este martes por eldiario.es) “nin por parte da Fiscalía se me chamou para nada”.
Baltar, que fixo estas declaracións no seu primeiro acto en Ourense logo de que saltar a noticia, dixo estar “absolutamente tranquilo” ante unha denuncia que “afecta gravemente contra a miña honra”, pero recoñeceu “o dano grave persoal ocasionado, non é un trago agradable”.
O político popular non pensa en dimitir, “en absoluto”, recalcou, tal e como lle pediron no día de onte varios partidos políticos. Tampoucon lle preocupa que Democracia Ourensana anuncie unha moción de reprobación no pleno da Deputación. “É unha cuestión absolutamente de índole persoal que non ten nada que ver con esta institución e onde debo falar é na instancia correspondente pero non na Deputación”, opinou.
Neste breve encontro cos medios, Manuel Baltar non contestou ás preguntas dos xornalistas de se recoñecía a súa voz nas gravacións publicadas, nin si tiña enemistade coa denunciante, nin quixo valorar as declaracións que dirixentes populares fixeron deste asunto. “Accións legais”, insistiu.