As obras do Plan de Investimentos, a nova Área de Rehabilitación Integral da cidade e a denuncia contra Baltar, imaxes de portada do número de outubro de Ourense por Barrios.
No interior da publicación, levamos como temas destacados os dous casos de lexionela rexistrados no servizo de limpeza de Ourense, que motivaron a solicitude dunha comisión de investigación por parte da oposición, así como a denuncia dunha muller contra Baltar, a quen acusa de ofrecerlle traballo a cambio de sexo.
Ademais, informamos das obras na praza 200, no segundo andar da casa consistorial ou nas zonas termais do Miño a cargo dun obradoiro de emprego; do que reservan para a cidade os orzamentos da Xunta para 2016 ou do que deu de si a I Feira do Emprendedor.
En Ourense por Barrios de outubro tamén poderás ler unha ampla reportaxe sobre o cancro de mama, cuxo día mundial se celebrou o pasado 19 de outubro.
Incluimos un especial sobre celebracións, as imaxes do mes, e as novidades culturais e deportivas deste mes, coa Carreira do San Martiño, o Outono Fotográfico e o Festival de Cine como principais referentes.
Todo isto e moito máis, dispoñible para consultar on line neste enlace.