A portada do número 128 do Barrios Deportiva destaca o partido do COB fronte o Breogán de Lugo; o bo inicio ligueiro do Ourense Envialia e a vitoria de Iria Fernández e Javier Paredes no circuíto de carreiras populares «Correndo por Ourense».

A San Martiño xa está a volta da esquina e co período de inscrición aínda aberto supera os 5.000 inscritos. Presentouse a segunda edición da carreira popular de Monterrei que se celebra o día 1 no municipio de Albarellos.


Se as cousas vanlle ben ao Envialia na Primeira División de fútbol sala, no ocorre o mesmo co Cidade As Burgas; nas últimas posición tentará escalar na táboa este fin de semana ante o Ferrol. Pola súa banda na 2ª B masculina o Sala Ourense recibe ao Cistierna e o Pizarras Los 3 Cuñados visita ao Noia.

En fútbol, o derbi ourensán da División de Honra xuvenil saldouse con empate a un gol entre o Ourense Club de Fútbol e o Pabellón Ourense. En Terceira División, o Barbadás é terceiro e xogará esta semana ante o Cerceda. Na 2ª Autonómica, a U.D. Ourense busca unha nova vitoria na casa diante do Pontedeva.

Expourense acolle este domingo o VIII Festival Internacional de xadrez con 300 xadrecistas participantes con idades comprendidas entre os 6 e os 18 anos. Proveñen de Galicia e norte de Portugal. O ourensán Martín Gómez está disputando en Grecia o Mundial de xadrez por idades. Con cinco roldas disputadas Gómez leva tres puntos (dúas vitorias, dous empates e unha derrota).

Pádel, tiro, xadrez, tenis de mesa e moito máis no número 128 do Barrios Deportivo.

Podes consultalo periódico online, aquí