A Asociación Escola Rural de Saúde da Limia levou a cabo unha campaña de prevención do 23 ao 29 de novembro, na que participaron un cento de veciños da comarca.

 

Coa finalidade de manter un bo estado de saúde e de tomar decisións adecuadas en materia de prevención, a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia puxo en marcha unha unha campaña para concienciar aos veciños da Limia da importancia de detectar a osteoporose. Iniciativa que contou coa colaboración da Deputación Provincial.

A osteoporose é unha enfermidade que non presenta síntomas, é indolora, polo que é fundamental ter coñecemento sobre como actúa para levar a cabo a adecuada prevención. Sábese sobre ela que é a patoloxía máis común dos padecimientos crónicos do esqueleto e que é a principal causa de fracturas nas mulleres e en persoas de idade avanzada, sendo a rotura de cadeira a máis frecuente (no 80% dos casos), o que pode levar a outra serie de complicacións, e mesmo á morte.

Co fin de sensibilizar á sociadedade , do 23 ao 29 de outubro realizouse na comarca da Limia a Campaña Prevención da Osteoporose promovida pola Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia, Nutrición Center Prieto e Pablo García Vivanco, profesional da farmacia e a ortopedia, cuxa finalidade é dar a coñecer unha enfermidade metabólica dexenerativa na que os ósos se volven máis fráxiles e propensos a fracturarse e na que participaron case un cento de persoas.

Nela deuse información desde talleres formativos e realizouse a proba de densidade ósea a nivel calcáneo a través de ultrasonidos (método que non causa radiación, seguro e rápido) en varios puntos da Limia, contando para iso coa colaboración do Concello de Xinzo, o de Trasmiras, Baltar e o Centro Social de Paradela de Abeleda.