Recolle obras de dez alumnos dos obradoiros de fotografía da Cámara de Comercio.
A Sala de Exposicións de Verín acolle ata o 25 de novembro a mostra ‘“Miradas II”, que exhibe as obras do alumnado dos cursos de fotografía realizados pola Cámara de Comercio e Industria de Ourense na súa sede de Verín, coa colaboración do Concello de Verín e Halcourier.
Devandita exposición está comprendida por un total de 28 obras de dez alumnos que participaron nos cursos de “Curso de Iniciación á Fotografía” e “Fotografía e Retoque Dixital Básico” impartidos por Mª Ángeles Borjas Cid e Carlos Montero Zorrilla. Os alumnos proporcionan un mínimo de dúas obras e un máximo de catro cada un, de temática variada.
A mostra estará aberta ao público de luns a venres de 17 a 21 horas, e os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20:30 horas.