Barrios novembro 2015

O número de novembro recolle en portada as Feiras de Outono de Allariz e Verín, así como a entrevista co Espacio Matrioska, colectivo artístico radicado nos Blancos.

No interior da publicación, unha ampla reportaxe sobre como asumen a rehabilitación dos seus cascos históricos os concellos de Verín, Allariz, Celanova, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.



Na sección de Verín, damos conta dos achádegos nas escavacións arqueolóxicas do Bouzadoiro; en Xinzo, destaca a polémica pola supresión dunha das dúas enfermeiras do servizo de Pediatría no centro de saúde; en Allariz, vén de ser aprobado o orzamento para 2016, cos votos en solitario do grupo de goberno nacionalista; e en Celanova, salientamos que un grupo de escolares do instituto da localidade presentan a súa curtametraxe “Looking for Bill Viola” no Festival de Cine de Ourense.

Ademais, a apertura do Museo de Entroido de Xinzo, a aparición de vertedoiros ilegais na Serra do Larouco, as puntuacións dos viños de Monterrei na Guía Peñín, ou o balance da Xunta Local de Seguridade de Celanova son outros temas do último número de Barrios.

Podes consultar o periódico on line aquí.