Barbadás celebra so días 21 e 22 de novembro o seu segundo Ralimix, que nesta ocasión contará con 56 automóbiles de saída.
Esta segunda edición será puntuable para o Campionato de Galicia. A proba consta dun percorrido de 7,4 quilómetros, dos cales 5,7 corresponden a un treito cronometrado por pistas de terra/asfalto e 1,7 quilómetros a un tramo neutralizado e pechado ó tráfico entre A Valenzá (Rúa da Paz) e o parque de traballo. En concreto pasará polas rúas Cimadevila, Carreira e Rosales e polos camiños de Sobrado e da Moura de Arriba.
O Concello de Barbadás apoia loxísticamente a celebración da proba coa posta a disposición dos medios humanos como poden ser a Policía Local, Protección Civil, persoal da brigada de Obras e do Servizo de mantemento eléctrico.
No rallye están permitidos os carcross, quad biplazas, autocross e tódolos vehículos permitidos no regulamento do Campionato de Rallyes 2015.
Este tipo de probas están en auxe desde fai uns anos e comeza a contar cun número importante de seareiros que se desprazan ata as localidades onde se disputan.