A Unión Deportiva Ourense logra unha vitoria que vale por dous. Por unha banda vence remontando e logra dobregar a un dos equipos de arriba. Santa Cruz 1-2 U.D. Ourense.
O partido no Xeixo complicouse para os de Antonio Dacosta. Un gol local na primeira parte devolvía a intranquilidade aos afeccionados unionistas que se desprazaron ata Santa Cruz de Arrabaldo para ver ao equipo. Óscar Sabucedo lograba, de xeito maxistral, marcar de falta directa tras bater o balón no pao (1-0).
Tralo paso polos vestiarios, Roberto Dacosta, non quería ser menos, e tamén de libre directo devolvía as táboas ao electrónico. 1-1 e corenta minutos por disputar.
Dacosta moveu ficha nunha clara intención de buscar os tres puntos. O dianteiro Julio Salgado entraría en lugar do lateral Sergio, e isto foi o detonante da remontada.
Corría o minuto 75 cando a obstinación de Salgado surtía efecto. O dianteiro non deu por perdido un balón que o tiña máis fácil de atallar o cancerbeiro rival, e apenas sen ángulo lograba o segundo tanto da tarde para a UD.
Almeida, que entrara facía pouco tempo por Senén tivo unha ocasión para marcar, pero non deu controlado o esférico. Xaco tamén tivo a súa, cando campeaba o empate, pero o porteiro local estivo máis acertado.
Nos últimos minutos Antonio Dacosta buscou calma e fixo dous trocos máis. Julio Martínez entraba por Roberto Dacosta e Fran Álvarez por Xaco.
Vitoria importantísima dunha Unión Deportiva Ourense que supera na táboa ao Santa Cruz e colócase na quinta posición. A UD é quinta con 22 puntos a sete do primeiro clasificado (Santa Teresita) e a cinco do segundo (Atlético Arnoia).
UD feminino
A UD Ourense de Segunda Galega feminino sumou un valioso punto en Tui ante o Tyde. O empate ante o segundo clasificado fai que as de Rubén García fai que se consoliden na primeira posición. As ourensán comandan a clasificación con 28 puntos, catro máis que o Portonovo que tras esta xornada marcha segundo.