Carmen Acuña mantén un encontro coas representantes da Asociación Camiño de Inverno de Valdeorras.
A deputada socialista Carmen Acuña mantivo unha xuntanza coas representantes da Asociación Camiño de Inverno de Valdeorras na que subliñou o apoio a esta variante do Camiño de Santiago que percorre Ourense.
A deputada socialista de Valdeorras recolleu as propostas da Asociación, nomeadamente no que se refire ao recoñecemento do dito Camiño de Inverno na Lei de Patrimonio de Galicia. As representantes da asociación solicitaron ademais a mediación da deputada socialista para acadar unha entrevista co conselleiro de Cultura.