A Unión Deportiva Ourense e o Covagonda disputan esta xornada un partido (16:15 h, estadio do Couto) un partido na que a Asociación Xuvenil Amencer recollerá alimentos dentro do seu programa «Operación Quilo».
Amencer terá neste partido a voluntarios dispostos nas entradas do estadio para recoller aqueles alimentos -non perecedoiros- que leven os asistentes ao partido. Esta iniciativa estenderase a outros dous partidos -Barra de Miño, 13 de decembro, e Melias, 3 de xaneiro-.
Ademais neste partido o 10% da recadación en taquilla irá destinada a propia Asociación Xuvenil, para que utilice os cartos en causas solidarias.
Covadonga
En canto ao estritamente deportivo o partido encádrase dentro da 13ª xornada. O partido ten caracter de derbi por varios motivos. O primeiro deles é por que os dous equipos son da capital. E o segundo é pola relación de varios xogadores da UD, e do propio adestrador, co club rival. Dacosta é un apelido vinculado ao barrio de Covadonga. Cristian xogou o ano pasado e Roberto foi hai algún tempo xogador e adestrador. Pola súa banda, o técnico unionista, Antonio, tamén deu as súas primeiras patadas a un balón no barrio; ademais os dous bancos -Antonio na UD e Prado no Covadonga- estarán dirxidos por cuñados.
En canto á clasificación, quinto é a UD Ourense por oitavo o Covadonga. Catro puntos separan a un e outro equipo, 22 e 18, respectivamente.
Outros partidos desta xornada na Segunda Autonómica son: Ribadavia – Coles; Pontedeva – Arrabaldo; Amoeiro – Leiro; Atl. Velle – Barra de Miño; Trives – Cea; Sta. Teresita – Melias; Loñoá – Arnoia e Caldelao – Palmés.