A selección española medirase á todopoderosa Brasil nun posto para a final do Mundial de fútbol sala que se está a celebrar en Guatemala.

Non comezaron ben as cousas na fase de grupos para as españolas. Derrota no primeiro partido fronte a Rusia por 1-3. Este resultado facía que con moita probabilidade fora Brasil o rival de España en semifinais. E así foi.

No segundo partido tocaba Japón. As europeas foron quen de dobregar ás asiáticas por 5-2 cun gol de Vanessa Sotelo e outro de Iria Saeta (os primeiros do encontro). No terceiro partido o rival era o anfitrioa, Guatemala. Novamente Vane e Iria abrirían a lata e firmaban os dous primeiros tantos. Ao final 10-0, e Vanessa Sotelo que destapou o tarro das esencias anotando catro goles neste encontro. Segundas de grupo e pase ás semifinais.

Brasil
No outro grupo Brasil xogábase con Portugal o primeiro posto; na última xornada enfrontabanse entre elas. O empate a cero co que rematou o tempo fixo que as sudamericanas lograran a primeira praza e sexan as rivais de España.

A semifinal disputarase este sábado ás 23 horas -hora penínsular-.