Os cativos percoren durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas da vila.
Nesta ocasión, do mesmo xeito que na anterior edición, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile, nesta ocasión, o CEIP de Princesa de España.
Tras elaborar este centro nove carteis, representantes dos CEIPs Castrelo do Val, Rodolfo Núñez de Vilardevós, Medeiros, Augusto Assia de A Mezquita, Colexio Rural Agrupado Monterrei, Colexio María Inmaculada, Amaro Refojo e da iniciativa “Kero Kolo” (Concello de Verín), seleccionaron mediante votación o cartel oficial do ‘Desfile Infantil’ 2016 que, nesta ocasión, foi elaborado por unha alumna de 4º de Primaria do CEIP do Princesa de España.
O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do Concello de Verín.